20 páginas
24 páginas






Creamos unha colección de materiais educativos ambientados no espazo, con ilustracións propias e diferentes propostas de xogo para aprender, descubrir e divertirse.
1. DOBLE DO ESPAZO 🪐
Unha adaptación do coñecido xogo Doble, ambientada no espazo e con ilustracións propias.
Preparamos dúas versións para adaptalo ás diferentes idades:
Versión 1: 31 ilustracións diferentes e 6 elementos en cada tarxeta.
Versión 2: 13 ilustracións diferentes e 4 elementos en cada tarxeta, pensada especialmente para os máis peques.
Un xogo ideal para traballar a atención, a discriminación visual, a rapidez de observación e a asociación de imaxes dunha forma lúdica e divertida.
2. O COHETE BUSCADOR 🚀
Un xogo de observación e discriminación visual no que teremos que axudar o noso foguete a atopar diferentes combinacións de elementos espaciais.
O material inclúe:
Unha plantilla con 31 ilustracións diferentes, algunhas delas repetidas, que fan un total de 88 debuxos.
22 tarxetas con 4 elementos espaciais en diferentes disposicións.
Un foguete cunha xanela cadrada que nos permitirá localizar as imaxes na plantilla.
Como se xoga?
Collemos unha tarxeta e observamos os catro elementos que aparecen nela. Despois, utilizamos o foguete para buscalos na plantilla, desprazándoo ata atopar a combinación correcta. Os catro debuxos deben quedar dentro da xanela do foguete e manter a mesma posición que na tarxeta.
Un recurso para traballar a atención, a orientación espacial, a discriminación visual e a percepción espacial dunha forma divertida e manipulativa.
🖨️ Recomendación: Aconsellamos imprimir a plantilla en tamaño A3 para facilitar a localización das imaxes e permitir que o foguete se poida mover comodamente sobre ela.
3. O XOGO DE MEMORIA DO ESPAZO 🌟
Unha adaptación do clásico xogo de memoria, ambientada no espazo e creada con ilustracións propias.
O material inclúe 31 debuxos diferentes relacionados co universo, cos que teremos que poñer a proba a nosa memoria e capacidade de observación.
Como se xoga?
Colocamos todas as tarxetas boca abaixo e, por quendas, levantamos dúas delas intentando atopar as imaxes iguais. Se conseguimos unha parella, quedamos con ela e continuamos xogando. Se non coinciden, volvemos poñelas no seu lugar e pasamos a quenda.
Un recurso ideal para traballar a memoria visual, a atención, a concentración e a capacidade de asociación dunha forma lúdica e divertida.
4. ATOPA NO ESPAZO 🔭
Un xogo de observación e busca visual no que teremos que converternos en auténticos exploradores espaciais para localizar diferentes elementos agochados nunha ilustración.
O material inclúe:
Unha plantilla cunha ilustración do espazo chea de diferentes elementos.
29 tarxetas con imaxes que teremos que localizar na plantilla.
Como se xoga?
Collemos unha tarxeta e observamos que elemento aparece nela. A continuación, buscamos esa mesma imaxe na ilustración, prestando moita atención a todos os detalles ata atopala.
Un recurso ideal para traballar a atención, a concentración, a discriminación visual e a capacidade de observación dunha forma divertida e motivadora.
🖨️ Recomendación: Aconsellamos imprimir a plantilla en tamaño A3 para facilitar a observación dos diferentes elementos e a súa localización.
5. ESTRELAS E METEORITOS ☄️
Un recurso manipulativo ambientado no espazo para traballar o recoñecemento das letras e dos números dunha forma visual e divertida.
O material inclúe dous documentos:
Un con estrelas que conteñen as letras do abecedario.
Outro con rochas espaciais ou meteoritos cos números do 1 ao 100.
Un material moi versátil que permite realizar diferentes actividades de identificación, asociación, ordenación e clasificación de letras e números, adaptándose ás necesidades e ao ritmo de cada neno e nena.
Ideal para acompañar as primeiras aprendizaxes da lectoescritura e do pensamento matemático dunha forma lúdica.
Valoraciones y comentarios