20 páginas
24 páginas






Unha adaptación do clásico xogo de memoria, ambientada no espazo e creada con ilustracións propias.
O material inclúe 31 debuxos diferentes relacionados co universo, cos que teremos que poñer a proba a nosa memoria e capacidade de observación.
Como se xoga?
Colocamos todas as tarxetas boca abaixo e, por quendas, levantamos dúas delas intentando atopar as imaxes iguais. Se conseguimos unha parella, quedamos con ela e continuamos xogando. Se non coinciden, volvemos poñelas no seu lugar e pasamos a quenda.
Un recurso ideal para traballar a memoria visual, a atención, a concentración e a capacidade de asociación dunha forma lúdica e divertida. 💙
Valoraciones y comentarios