23 páginas
64 páginas






Caderno de actividades para coñecer e traballar as tradicións do Nadal galego dunha maneira divertida, creativa e significativa.
O material inclúe lecturas informativas e narrativas, actividades de comprensión lectora, vocabulario de Nadal, expresións e felicitacións, a tradición do Apalpador, panxoliñas tradicionais galegas e propostas de expresión escrita.
Ademais, o alumnado poderá escribir unha carta ao Apalpador, elaborar unha postal de Nadal e participar nunha manualidade colectiva: a grilanda dos bos desexos, para decorar a aula ou o corredor do colexio.
A unidade remata cunha ficha de repaso e autoavaliación.
Un recurso ilustrado e listo para imprimir, que combina lingua, cultura, creatividade e valores como a solidariedade, a convivencia e o respecto polas nosas tradicións.
Valoraciones y comentarios